Monchinho's Comments
| Changeset | When | Comment |
|---|---|---|
| 141427692 | Non hai de que. Calquera cousa xa sabes. |
|
| 141427692 | Ola, Rodrigo. A Praia de Moledo aparece con ese nome no último recanto do areal. Está recollido na microtoponimia de Galicia Nomeada. Un saúdo. |
|
| 139125240 | Graciñas polo aviso, Rodrigo. Tereino en conta a partir de agora. Si que vexo que cando creo unha nova aparece como church, así que cando mellore algunha poñerei ben a etiqueta. Desculpa a mala etiquetaxe. |
|
| 136469053 | Desculpa non ter respondido, andaba fóra da casa. Si, é de GN. Saúdos, Hugo. |
|
| 150220974 | Un saúdo, compañeiro. Avanzamos pouco a pouco! :) |
|
| 149790984 | Non hai problema, moita xente non sabe ese uso. Unha aperta. |
|
| 149790984 | Estimado compañeiro, O nome de "O Río de Suigrexa" estaba ben. Nas Rías Baixas "río" é sinónimo de lavadoiro. Verás moitos lavadoiros que se chaman ríos desde Rianxo até Nigrán. Este en concreto foi así recollido na microtopinimia de Rianxo. Eu deixaríao tal e como se recolleu, sería o máis respectuoso. Saúde. |
|
| 149443336 | Description is not a name. |
|
| 149314305 | Perfecto, así coa nota queda perfecto. Para min é claro que é un erro ortográfico, como tantos que se executan, por descoñecemento da normativa ortográfica e polo desleixo tamén. Esa zona chamada A Restreba pois o máis probable é que teña o significa máis evidente posible, que é un terreo que queda con canas despois de segar o cereal. Ademais, se te fixas, é unha zona húmida a carón do río, que é onde se adoitaba cultivar o centeo. Saúde. |
|
| 149314305 | Segundo o DRAG "restreba" é con b, non con v. Está claro que se equivocaron no concello pondo o nome. Talvez deberiamos pór en notas esta cuestión. Saúde. |
|
| 148636341 | Pois como ti estimes. Estes en concreto asegureime que as áreas coincidan co topónimo e no caso de haberen dous non puxen nada. Pero se consideras que é mellor así a partir de agora fago como ti propós, nodos independentes. |
|
| 144723426 | Recibido. Gracias por el aviso. Evitaré ese conflicto. |
|
| 146072597 | Tereino en conta no futuro. Si é posible o caso dun microtopónimo engadido por un particular que non fose recollido polo proxecto Galicia Nomeada, que, aínda que exhaustivo xeralmente, non está libre de ausencias. Unha aperta, compañeiro. |
|
| 146072597 | Ola! Xa non lembro ben, pero revisei toda a microtoponimia aprobada desa parroquia e debín ver microtopónimos inexistentes (hai tantísimos inexistentes ou mal escritos por toda Galicia no catastro...). O das aldeas posiblemente sóame que había algunhas repetidas e outras debinas corrixir facéndoas novas, pero non estou seguro. O seguro é que completei as que faltaban ou as que estaban incorrectas. Saúde. |
|
| 146154604 | Ola, Rodrigo. Pois determinei que aínda que sexan un par de casas como están consideradas entidades maiores lle acaían mellor o concepto de aldea (de feito probablemente o nome das casas per se sexa diferente do nome do lugar). De todos xeitos se ti consideras que vai mellor con vivenda illada, por min non hai problema en que o modifiques. O do hórreo pois aí estrañoume, debinme equivocar e borralo por me decatar, porque vendo o Google Street View si está. Pido desculpas. Saúde. |
|
| 144326052 | (....) para que non se perda. A próxima vez que pase por aí tiro unhas fotos e tento mellorar esta zona. |
|
| 144326052 | Éntrase ao aparcadoiro exterior pola Avenida da Maía. Engado o microtopónimo como lugar para q |
|
| 144326052 | Tamén comentar que a xeometría non se corresponde coa editada por Adrián. E "Talloas" é o nome da finca, non do supermercado. Habería que borrar esta edición e facela ben. |
|
| 144326052 | Ola, son alleoa esta edición, pero pasei por aí varias veces e antes era unha braña. Desde hai algo menos dun ano fixeron un Gadis enorme aí con aparcadoiro. Saúde. |
|
| 144265543 | Ola! Vexo que engadiches un sendeiro pero aparece como paralelo a outro case igual. Non sei se poderías revisar se está duplicado ou é que hai dous sendeiros exactamente iguais. Tamén indicar que nome e descrición son diferentes, un sendeiro non se pode chamar "SENDERO", non sei se ten algún nome esa ruta máis específico. Saúdos. |