OpenStreetMap logo OpenStreetMap

Changeset When Comment
162079645

¿Por qué borras la información de notas donde se explica el topónimo correcto y se adjunta name y official_name?

162078594

Hola.

Por favor, revise las notas. En las etiquetas aparece el nombre oficial como official_name (O Fonxérez) y el nombre real (O Fonxerce), ya aprobado para próxima oficialización. Ruego dejarlo como estaba. Saludos.

161818655

Tes razón. Debinme confundiar. Corrixo.

160260739

Ah! hahaha que casualidade. Pois non teño máis info. O ideal sería ir alí e falar cos paisanos e facer unha pequena recollida da zona. Eu fixen a recollida de boa parte da miña parroquia. Saúde.

160260739

Na recollida microtoponímica que hai en Galicia Nomeada desa área.

160260739

Ola, Rodrigo.
Se che parece ben propoño cambiar Escola de O Outeiro por Escola do Outeiro, que o vexo máis axeitado á normativa galega. Tamén vin que Mámoa dos Corredoiros na recollida aparece como A Medorra do Campanario por se queres engadir esa info. Saúdos!

159930242

Ola,

Está oficializado pola Xunta de Galicia e Galicia Nomeada como Quintás Novas. Por que o cambias?

159654149

Perfecto. O próximo caso que vexa que o nome oficial da Xunta sexa diferente do recollido a aprobado por Galicia Nomeada tereino en conta para poñelo así como fixeches. Saúde.

159208869

Unha solución para o Campo do Polvorín podería ser loc_name=Campo de Fútbol do Polvorín. Teño usado este recurso nalgúns lugares onde o nome local non coincide co oficial, que aínda que existe, non é usado pola xente.

159281631

Ola!

Pois é unha obra artística, non un labirinto, digamos, 3D, que teñen etiqueta propia polo que vin noutros sitios. Esta é unha especie de mosaico romano no chan, como nos xardíns xaponeses. Pensei que era o máis atinado clasificalo así.

Saúde.

159210313

Ola!

Descoñezo como era o antigo nome, se era Virxe da Soidade por min perfecto poñerlle old_name. É raro que cambien de nome os centros educativos. Se volvo ver un caso parecido hei pór old_name tras comprobar que si era o seu nome antigo.

Graciñas pola idea.

159205732

Ola, con este pasoume igual ca co romano da ponte de Lugo. Agora lendo a documentación que me aportaches entendo que así non vale. Aínda que non sexa una descrición per se, si que se podería interpretar como tal. Perdoa.

159208869

Ola!
1. Así aparece con ese nome en moitos artigos, mesmo do propio concello de Lugo. Exemplo: https://concellodelugo.gal/es/noticias/el-campo-de-futbol-da-polvoreira-retoma-la-actividad-tras-la-renovacion-llevada-cabo-por-el

Poderíase poñer old_name do Polvorín.

2. Pois non sei por que o borrei, se cadra deille sen querer, agora mesmo non lembro. Creo que puxen o nome completo oficial e aí debinlle dar. Desculpa.

3. Pois moi boa idea, de feito non sabía que estaba creada ese wikidata. Como son dependentes da Policía Nacional nin sequera o pensara. Se che parece ben corrixe ti o de Lugo e eu farei un que hai nas Fontiñas en Santiago.

4. O de school non sei a que se refire, agora mesmo xa non lembro. Se o ves incorrecto podes volver a como estaba antes. Pensaría que é un centro dependente de Educación da Xunta? Perdoa.

Saúde.

159208026

Ola, puxen Romano por lle poñer un nome que faga referencia á estatua (é un soldado romano), pero realmente non ten nome oficial. Se non che convence podes eliminalo sen problema.

Saúde.

158903798

Non pasa nada, Rodrigo, se podo axudar nalgo aí me tes. E podes preguntarme o que queiras sempre que queiras. Tamén me puiden ter equivocado, non sería a primeira vez nin será a última. O lindeiro parroquial que está representado non coincide exactamente co novo aprobado hai catro anos, moito máis preciso. Está Hugo actualizando os lindeiros pouco a pouco por concellos, aínda non chegou a Lugo. De todos xeitos, cos novos segue habendo dúas Nadelas. Un saúdo.

158612744

Ola, edvac.
Pois está moi ben esa información ti que es autóctono da parroquia. Sería moi bo que te deses de alta en Galicia Nomeada e modificases esa microtoponimia incorrecta (e se sabes máis nomes de terras tamén).
https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio

158903798

Ola, Rodrigo!
Si, hai dúas entidades co mesmo nome, de diferentes parroquias. Diferentes wikidatae e wikipediae.
Unha aperta.

157001406

Oi, debéuseme pasar dalgún xeito. Desculpa. Graciñas.

157385120

Graciñas pola info. Entón hai que volver eses cemiterios a camposantos. Desculpade o erro. O mesmo para as casas illadas. E perdoade estes erros. Se non vos importa corrixírdelos vós agradeceríavolo.

Un saúdo.

157385120

Ola.
1. Os cambios de camposanto a cemiterio fíxenos porque eu considero que se hai nichos en vertical, é dicir, tumbas de bóveda, non é un camposanto, onde están enterrados no chan, senón xa un cemiterio. Penso que a diferenza entre eles é precisamente esa.

2. Mámoa da Eirexe recibe o nome precisamente por estar na contorna da aldea da Eirexe, topónimo con artigo oficialmente.

3. Sobre A Bouzaboa de Abaixo sempre teño dúbidas con estas clasificacións. Para min unha aldea pode ser un lugar poboado cunha soa casa. De feito hai aldeas dunha casa que o nome da casa non é o mesmo ca o do lugar ou aldea. Como se explica iso? Por iso considero que se están no nomenclátor son aldeas per se e non casas illadas ou soltas, que para min é a casa en si. É o que eu penso, pero vaia, se o queres mudar non hai problema.

4. Portoscarros non está ubicado nesa posición segundo o nomenclátor, senón un pouquiño máis arriba. Falo de memoria pero creo que había dous, é dicir, estaba repetido. Eliminei o que estaba na ubicación incorrecta.

Saúde.